Selección_026.png
Menú_xogos.png

Gbrainy.png
1- GBRAINY
gBrainy é un programa deseñado para divertirse mentres mantés o cerebro adestrado. Este tipo de xogos están moi de moda actualmente, os exercicios para desenvolver as habilidades mentais están en auxe.

Ten diferentes tipos de xogos, buscando que o usuario exercite a súa mente case sen darse conta: quebracabezas lóxicos, cálculos mentais, xogos de memoria e de aptitude verbal:
gbrainy_016.png

Preferencias_066.png

Ofrece ademáis a posibilidade de cambiar o nivel de dificultade, elexir os tempos para as probas de memoria ou marcar algunhas preferencias sobre o historial.



Mahjongg.png2- MAHJONGG

Tradicional xogo chinés que consiste en eliminar todas as fichas do taboleiro seleccionándoas en parellas de dous símbolos iguais. Só é posible retirar as pezas que teñen como mínimo un dos seus extremos (dereito ou esquerdo) libres. Pulsa os botóns de axuda do xogo para obter máis información.Hai que ir con precaución á hora de retirar fichas, xa que se non actuamos con cautela é posible deixar parellas bloqueadas que non poderán seleccionarse nunca e por tanto non poderemos finalizar o xogo.Podes manter o rato sobre os botóns do xogo para coñecer a utilidade de cada un. Manual completo en Gnome Library
Pincha na seguinte imaxe se queres xogar en liña a Mahjongg:
Mahjongg_-_Fácil_017.png
Ligazón á páxina oficial


Quadrapassel.png3- QUADRAPASSEL

Quadrapassel, tamén chamado Gnometris, é un xogo que vén incluído no kit de xogos de GNOME. É un sinxelo emulador do coñecido xogo Tetris.
Quadrapassel_019.png
A temática do xogo é simple e idéntica á do tetris: sucesivamente e de maneira aleatoria van caendo pezas a unha superficie, tales pezas deben administrarse de forma tal que a súa acomodación forme liñas rectas horizontais cheas; cando na superficie conseguiuse encher unha liña do taboleiro esta bórrase e as demais pezas caen un nivel abaixo liberando espazo para as demais pezas. O xogo conclúe cando a torre de pezas supera o límite do taboleiro.

Tetris_L_logo.gif
Este xogo pode axilizar os procesos mentais e fortalecer certas áreas do cerebro encargadas da destreza; contribúe ao desenvolvemento do pensamento rápido inducindo prácticas que corresponden á toma de decisións.Oo seu sistema de estratexia e táctica permite, subconscientemente, desenvolver e mellorar no cerebro e a coordinación de ideas.
Manual en Gnome Library


Ri-li.png4- Ri-li

Ri-Li é unha adaptación do antigo xogo da serpe. Trátase dun xogo co obxectivo de non chocar contra ti mesmo. Ten máis de 50 niveis nos que o teu tren irá aumentando de tamaño, cada vez con máis vagóns. Todo un reto, que debes probar, pois estes niveis non son simples pantallas. se non distintos escenarios de todo tipo que conforme avances se irán complicando máis.
Ri-li_V2.0.1_022.pngRi-li_V2.0.1_020.png
Ri-li_V2.0.1_024.png
Este xogo conta con dous tipos de pantalla: a minimizada e a clásica pantalla completa cunha gran cantidade de idiomas. Mesmo se poden editar os diferentes ruídos que fai.Pero o máis importante deste xogo é que lle fará pasar bos momentos a esas persoas que aínda estrañan os xogos de outrora como é o caso do magnífico xogo da serpe.
Ligazón á páxina oficial


Sudoku.png5- SUDOKU

Sudoku é unha aplicación para xerar e xogar aos populares xogos de lóxica tipo sudoku.gifquebracabezas Sudoku.
As regras de Sudoku son bastante simples. Para completar o quebracabezas, debes encher cada cadrado cun número entre 1 e 9 tal que cada fila, columna e caixa de 3x3 do taboleiro conteña os números do 1 ao 9. Dito doutra maneira, debe encher cada cadrado tal que non se repita ningún número na mesma fila, columna ou caixa de 3x3.Sudoku permítelle seleccionar a dificultade do quebracabezas. De forma predeterminada mostrará quebracabezas fáciles para, gradualmente, ir incrementando a dificultade dos mesmos mentres mellore a súa pericia.Proporciona unha interfaz amena desde a que poderás xerar quebracabezas, xogar, gardar partidas, imprimir e resolvelas mediante un sistema de axuda para cando te atascas .Gnome Sudoku ten soporte para un número ilimitado de "undo" (desfacer) e un motor co que xerar quebracabezas simétricos cuxa solución é única. Ademais, ofrece todas as funcións básicas deste tipo de xogos.
Sudoku_021.png
Ligazón á páxina oficial


Xadrez.png6- XADREZ

glChess é un xogo de xadrez 2D/3D, onde as partidas pódense xogar entre unha combinación de dous xogadores e o computador. Permite cambiar entre niveis de dificultade. , con 2D e o 3D dispoñible opcionalmente usando Open GL. Permite partidas en rede.
Xadrez_-_Humano_contra_GNU_Chess_025.png
Manual de Gnome library
xogos-gnome.JPG