Selección_024.png
menu-son_e_video.jpg

1-audacity.JPG1- AUDACITY

Audacity é un editor de audio libre, fácil de usar e multilingüe para Windows, Mac VOS X, GNU/Linux e outros sistemas operativos. Pode usar Audacity para:
  • Gravar audio en vivo.
  • Converter cintas e gravacións a son dixital ou CD.
  • Editar arquivos Ogg Vorbis, MP3, WAV e AIFF.
  • Cortar, copiar, unir e mesturar sons.
  • Cambiar a velocidade ou o ton dunha gravación.

A lista completa de funcións pódese consultar na súa páxina oficial.



Manual de Carles Caño, en dous documentos PDF:


2-Cheese.JPG2- FOTOMATÓN DE CÁMARA WEB CHEESE

Esta sinxela aplicación permite usar a cámara que ten o teu equipo para sacar fotos, gravar vídeos e engadir efectos ao que estás fotografando/gravando.

Cheese-effects.JPG

Nesta ligazón á wiki CANAIMA, encontrarás un manual onde se describen todas as opcións desta aplicación.

3-Conversor_sonido.JPG3- CONVERSOR DE SONIDO

Sound Converter é, como o seu nome indica, un conversor de audio realmente simple e sinxelo de utilizar. Ao usar a libraría GStreamer, é capaz de ler calquera formato que estea soportado pola devandita libraría (Ogg Vorbis, AAC, MP3, FLAC, WAV, AVI, MPEG, MOV, M4A, AC3, DTS, ALAC, MPC, Shorten, APE, SID, etc.), e escribe nos formatos WAV, FLAC, MP3, e Ogg Vorbis.
conversor-son.pngconversor-son3.png


4-Gravadora_de_son.JPG4- GRAVADORA DE SON

Gravadora de sons é unha pequena aplicación de GNOME que permite gravar e reproducir ficheiros de son .flac, .ogg, e .wav.
Este gravador é moi sinxelo, só para empezar. Para poder aplicar efectos ou manipular as gravacións recoméndase o uso de Audacity, descrito anteriormente nesta mesma páxina.
gravadora-son.pngformatos-son.JPG

5-gtk_recordM_e_desktop.JPG5- GTK RECORDMyDESKTOP

Un utilísimo e formidable programa que permite que todas as accións sobre o escritorio, ou calquera programa que corra sobre el, quedando gravadas nun arquivo de vídeo. Pódense gravar por exemplo, vídeo-tutoriais sobre programas que se explican na aula que se poderán visualizar cantas veces se desexe. A aplicación gtk-recordmydesktop ofrece unha saída dos vídeos en formato .ogg (libre).
recordMyDesktop.png
  • Coa opción "Seleccionar xanela" indicaremos cal ou cales das fiestras abertas queremos gravar.
  • Na opción de "Avanzado" veremos estas 4 pestanas:
recordMyDesktop__Avanzado_001.pngrecordMyDesktop__Avanzado_003.pngNa pestana de "Ficheiros" podemos elixir onde se vai gardar o vídeo no momento de acabar de gravar o vídeo.
Na pestana "Rendemento" podemos elexir o número de Frames (cadros) por segundo e activar as opcións que se ven na figura.
recordMyDesktop__Avanzado_004.pngrecordMyDesktop__Avanzado_005.pngNa pestana de "Son" é preferible deixar as Canles en "1" e recoméndase pór a frecuencia en "48000". En Dispositivo deixamos DEFAULT, así Linux detectará automaticamente o noso Micrófono.
Unha vez seleccionadas as opcións da pestana "Miscelánea", comenzaremos a gravación facendo clic no botón "Gravar".
No momento de abrir o programa aparece un círculo vermello no panel superir, que no momento de comenzar a gravación se transformará nun cadrado gris. Este cadrado é o que debemos premer para deter a gravación e entón garáse ao seu destino.
Ligazón a un manual completo (en inglés)

6-reprodutor_VLC.JPG6- REPRODUTOR MULTIMEDIA VLC

Un reprodutor con licenza GNU/GPL, que conta con versión portable e que reproduce case todos os formatos, tanto de audio como de vídeo, cunha calidade moi aceptable.
Un programa co que, sen necesidade de instalar c odecs, xa que vén co seu propio paquete, ofrece unha compatibilidade con case todos os tipos de arquivos multimedia, sen que teña que depender dos que teñamos instalados no equipo.
vlc.png
A continuación cítanse algunhas das súas principais características:

  • VLC media player é capaz de reproducir vídeos que estean dentro dun arquivo .rar ou .zip. Reproducirase con só soltar o arquivo sobre o reprodutor ou abríndoo (comando + O) .

  • Sincronizar audio e vídeo é algo bastante útil porque en ocasións vemos como o audio está desacompasado coa imaxe. Para iso pulsamos a tecla G se queremos que o audio se atrase con respecto ao vídeo ou F para aceleralo se se atrasa con respecto á imaxe.

  • Engadir subtítulos en VLC é moi sinxelo. Imos ás preferencias (comando + ,), eliximos ver as opcións completas e dentro do apartado Vídeo seleccionamos Subtítulos/OSD. Aí marcamos a casa de Autodetectar arquivo de subtítulos e na opción de abaixo aumentamos o valor exactitude en autodetección de subtítulos en 5, por exemplo. Automaticamente, se os subtítulos están dentro do mesmo cartafol do vídeo ou nas rutas que determinemos (onde teremos todos os subtítulos) cargaraos sen necesidade de engadilos manualmente.

  • Streaming con VLC. Se tedes configurando o voso computador para acceder remotamente tamén poderedes configurar VLC para que envíe vía streaming un vídeo. Para iso só necesitamos abrir o porto que queremos usar no noso router (se é que usamos) e seguir o sinxelo tutorial que hai na web oficial. Logo, desde o ordenador cliente abrimos VLC e na pestana Rede pomos a dirección do equipo que emite.

  • Ripear DVD con VLC, sempre como copia de seguridade e sen infrinxir dereitos de autor, é unha das características menos coñecidas. Para eles, dentro do menú Arquivo seleccionamos "Asistente de Emisión/Transcodificación". A continuación debemos seleccionar o DVD, pistas, etc. En pouco tempo teremos a nosa copia de seguridade realizada sen temor a raiar o DVD por un continuo uso.

  • Dentro da propia aplicación podemos definir diferentes atallos de teclados que poden ser realmente útiles.

Como ver e descargar vídeos de internet con VLC

Ligazón á páxina oficial (en inglés)


7-Reprodutor_de_filmes.JPG7- REPRODUTOR DE FILMES

Totem é un sinxelo reprodutor multimedia utilizado por defecto na contorna de escritorio Gnome. Ten soporte para a maioría de códecs de son e vídeo, incluíndo DVD entre moitos outros. As súas características inclúen saída de TV, pantalla completa, subtítulos e moito máis:

  • Soporta unha variedade de arquivos de audio e vídeo.
  • Proporciona varios niveis de ampliación e proporcións, e unha vista a pantalla completa e permite que a icona do programa sexa unha miniatura da película actual.
  • Lista de reprodución, que pode ser gravada co complemento Gravador de discos como un DVD ou VCD usando Brasero.
reprod-filmes.png
  • Controis de procura e volume e navegación completa a través do teclado.
  • BBC Content Viewer: Permite ver ou escoitar contido da BBC dispoñible na rede. Pódense atopar diversos programas ou podcast, divididos por categorías: noticias, nenos, drama, comedia e entretemento, factual, música, ética e relixión e deportes. Unha vez activado o complemento, accédese ao seu contido mediante a barra lateral do reprodutor.
reprod-filmes3.png
  • Procura Local: potente motor de busca que localiza nos discos duros locais calquera arquivo de vídeo e ordena os resultados por orde alfabética.
  • Examinador de Vídeos de YouTube: É quizá o plugin máis útil dos dispoñibles. Permite navegar por YouTube sen necesidade de utilizar o navegador. Mediante el, pódense realizar procuras de vídeos, así como visualizar vídeos relacionados co anterior. Tamén permite engadir os vídeos a unha lista de reprodución, co que se poderán realizar listas de videoclips, etc...


reprod-filmes4.png
  • Jamendo O complemento Jamendo permite escoitar a colección de música licenciada baixo Creative Commons no servizo Jamendo.
  • Control remoto por infravermellos: Permite a reprodución de películas desde diversas fontes.
  • Descargador e soporte de subtítulos.

Ligazón ao manual oficial de Totem na páxina de usuarios de Gnome

8-reprodutor_de_musica_Rythmbox.JPG8- REPRODUTOR DE MÚSICA RHYTHMBOX

Rhythmbox é o reprodutor de música por defecto en Ubuntu. É moi fácil de usar aínda que é capaz de cubrir a maior parte de necesidades. Rhythmbox ten un interfaz de usuario simple inspirado en iTunes de Apple: unha xanela de navegador cunha biblioteca de música e listas de reprodución á esquerda e unha caixa de procura onde rastrexar a lista clasificada polo álbum, o xénero, o artista etc. á dereita. Os usuarios poden navegar nas bibliotecas ou as listas de reprodución baseándose no artista, o álbum e rastrexar o nome simultaneamente. Rhythmbox reproduce podcasts e streams, intégrase co iPod e grava CDs de audio coa axuda de Sound Juicer.

rythmbox.png

Características:
  • É software libre e gratuíto. Está publicado baixo a licenza GPL
  • Navegador de música fácil de usar
  • Procura e clasificación
  • Soporte completo de formatos de audio a través de GStreamer
  • Soporte de Radio por internet incluíndo streaming de Last.fm
  • Listas de reprodución
  • Mostra visualizacións de audio
  • Transfire música desde e cara a iPod, MTP, e reprodutores de música USB
  • Mostra álbums e letras de cancións descargados de Internet
  • Reproduce, extrae e grava CDs de audio
  • Descarga automática de podcasts de audio
  • Navega, previsualiza e descarga algums desde Magnatune e Jamendo
Ligazón ao manual de Rhythmbox na páxina oficial de Gnome

9-Xyne.JPG 9- XINE
Xine é un programa de Reprodución de vídeo para sistemas operativos tipo-UNIX moi similar aos existentes en Windows, tales como PowerDVD ou Media Player. Por tanto, posúe un interfaz gráfico co que manexar a reprodución. Unha das principais características de Xine, é a súa capacidade de reproducir DVDs. Xine soporta arquivos de vídeos MPEG-2 e MPEG-1 (audio + vídeo multiplexado), arquivos de audio MPEG (como MP3) e arquivos AVI (usando algúns arquivos DLL de Windows). Xine pode reproducir tamén vídeo CDs e SVCDs. Xine consiste nunha biblioteca compartida chamada Xine-lib, varios Plugins e unha interfaz gráfica ou GUI. Moitos outros programas usan a biblioteca de xine para reprodución multimedia por exemplo, Amarok, Kaffeine, Tótem ou Phonon

Trátase dun software ben pensado, xa que soporta plugins de maneira que se lle poden engadir facilmente novas funcionalidades. Ademais, é moi completo.

Formatos soportados:
  • Direct DVD
  • Vídeo CD
  • mpeg streams (.mpg, .mpeg)
  • mpeg transport streams (.ts)
  • gg(.ogg)
  • avi (.avi)
  • asf(.asf,.wmv)
  • quicktime(.mov)
  • mpeg-vídeo (.mpv, .m2v)
  • mpeg-audio (.mp2, .mp3)

xine.png


Comparativa entre diferentes aplicacións multimedia