Sistemas de ficheiros, cartafoles e dispositivos

Directorios principais que colgan do directorio raíz:
ficheros.png
  • bin/ Contén ficheiros coa meirande parte dos comandos básicos do sistema
  • boot/ Imaxe do núcleo comprimido e ficheiros de configuración para o arranque do sistema
  • dev/ Inclúe os ficheiros que representan os dispositivos do sistema.
  • etc/ Almacénanse moitos ficheiros de configuración básica do sistema
  • home/ Directorios persoais dos distintos usuarios. Por defecto, o directorio de cada usuario leva o login do mesmo
  • initrd/ Para o arranque do sistema
  • lib/ Almacénanse as librerías do sistema compartidas por distintos programas (*.so)
  • media/ Directorios para a montaxe de unidades de almacenamento
  • mv/ É un directorio virtual. Contén os distintos procesos que están actualmente cargados na memoria
  • opt/ Área para almacenar habitualmente paquetes de software dunha aplicación estática e ampla.
  • proc/ Directorio que contén arquivos especiais que ou ben extraen información do kernel ou ben a envían a este.
  • root/ Directorio persoal do usuario root.
  • sbin/ Programas e comandos de xestión do sistema, como xestión de usuarios, do disco, etc.
  • srv/ Directorio para datos de servizos como FTP, WWW, CVS.
  • sys/ Directorio que utiliza o novo sistema de arquivos virtual sysfs específico ao kernel 2.6. Agora co soporte máis extendido para os dispositivos de conexión en quente (hot plug) no kernel 2.6, o directorio sys/ contén información similar á que se atopa en proc/, pero amosa unha vista xerárquica da información de dispositivos específica con relación aos dispositivos de conexión en quente.
  • tmp/ Directorio para almacenamento de ficheiros temporais
  • usr/ Ten unha estrutura de subdirectorios similar ó raíz, pero para aplicacións de usuario non esenciais para o sistema. Tamén contén a configuración do servidor X-Window e o código fonte do núcleo
  • var/ Destinado a almacenar ficheiros e información que tende a crecer moito en tamaño, como ficheiros de log, datos, etc.
Organización dos ficheiros e cartafoles:
A seguinte imaxe amosa toda a información asociada a un ficheiro/cartafol:


ficheros-lista.png

Os ficheiros/cartafoles que comezan por punto "." son ocultos. Para poder ver/ocultar estes ficheiros podemos empregar a combinación de teclas Ctrl+H, ou desde o menú Ver > Mostrar ficheiros ocultos.

Todo ficheiro/arquivo ten un usuario e un grupo propietario do mesmo.
A primeira letra da columna dos permisos ten a seguinte lenda:
  • l: acceso directo, enlace
  • d: directorio
  • -: ficheiro


Permisos
Todo cartafol/ficheiro ten asociados uns permisos.

A columna dos permisos ten o seguinte formato:
<tipo> <permisos usuario propietario> <permisos grupo propietario> <permisos outros>
Polo que atinxe os permisos, a secuencia de representación coñécese como ugo:
(usuario, grupo, outros)

Os permisos para cada un dos tres axentes anteriores, poden ser:
  • r: lectura
  • w: escritura
  • x: execución (no caso dos cartafoles indica que se pode atravesar)


Cambiar permisos dun cartafol/ ficheiro
En primeiro lugar debes ser o dono do cartafol/ficheiro que desexas modificar.
Sitúate enriba del, e pica co botón dereito, abre a pestana de permisos e poderás cambiar os permisos do cartafol/ ficheiro do que es ropietario.


alumno_-_Explorador_de_ficheiros_065.png


Entrar nun lugar con permisos de administrador

Nautilus ofrece unha extensión para poder navegar polos arquivos con permiso de administrador, só con picar no botón dereito sobre un lugar aparecerá un menú contextual que nos indica Abrir como administrador. Para poder empregar esta opción debes instalar o paquete nautilus-gksu.
Permisos en formato numérico octal
  • 7 = rwx ...........Todos os permisos: lectura, escritura e execución.
  • 6 = rw- ............Permisos de lectura e escritura.
  • 5 = r-x .............Permisos de lectura e execución.
  • 4 = r-- ..............Só permiso de lectura.
  • 3 = -wx ............Permisos de escritura e execución.
  • 2 = -w- .............Solo permiso de escritura.
  • 1 = --x .............Solo permiso de execución.
  • 0 = --- ..............Non ten ningún permiso.

Comandos para cambiar os permisos e o propietario
chown: cambia o usuario/grupo propietario do obxecto.
chown pepe:alumnos ficheiro. Cambia os propietarios do ficheiro

chmod: cambia os permisos dun obxecto.
chmod 754 ficheiro: asigna os seguintes permisos, u = rwx, g = r-x, o = r—