Selección_015.png
Selección_039.png
Este é o menú de aplicacións e programas Preferidos que os miniportátiles teñen instalado por defecto. Pódese cambiar engadindo ou eliminando iconas.
Eliminar aplicacións do menú Preferidos: aparece a opción no menú secundario que se abre premendo co botón dereito sobre a icona que se desexa eliminar.
Menú_037.png
Engadir un programa a Preferidos: Pasando o cursor por encima da icona do programa, esta aparece metida nun recadro sombreado. Só temos que premer nun botonciño circular co signo "+" que se encontra na esquina superior dereita dese recadro:

Selección_043.png

Automaticamente ese programa seleccionado pasa a formar parte do menú Preferidos:
Selección_042.png