Selección_022.png
menu-ofimatica2.png

OpenOffice é unha completa suite ofimática gratuíta e multiplataforma que funciona en GNU/Linux, Windows e Mac OS. É compatible con Microsoft Office, o seu principal competidor, e dispón de soporte nativo para o estándar OpenDocument para intercambio de datos. Algunhas características de OpenOffice 3.0 son:* Barras de ferramentas dinámicas. Por exemplo ao traballar sobre unha táboa estará visble a barra de ferramentas para táboas e ao inserir unha imaxe desaparece a barra de ferramentas para táboas e aparece a barra de imaxe.
  • Centro de inicio rápido. Cando se inicia OpenOffice sen abrir directamente un documento ou módulo específico móstrase un menú para elixir unha aplicación, un persoal ou un documento existente.
  • Exportación de PDF. A posibilidade de exportar documentos en formato PDF desde calquera aplicación.
  • Extensións para a integración con Google Docs ou soporte para Fax. As extensións e os dicionarios son fáciles de instalar desde o menú Ferramentas > Administrador de extensións.
  • Axenda ofimática para xestionar o correo electrónico ou as tarefas e a posibilidade de sincronizalo con Google Calendar, Sun Calendar, iCal e CalDAV.

Ligazón á páxina oficial de OpenOffice en español
Curso de OpenOffice en Aulaclic


1-Procesador_de_textos_OO.JPG 1- WRITER: PROCESADOR DE TEXTOS DE OPENOFFICE


Este é o procesador de textos equivalente ao Word no paquete de Microsoft Office. Pode abrir e gravar o formato .doc de Microsoft Word case na súa totalidade. O formato nativo para exportar documentos é XML. Tamén pode exportar a ficheiros PDF sen usar programas intermedios. Pode protexer documentos con contrasinal, gardar versións do mesmo documento, inserir imaxes, obxectos OLE, admite firmas dixitais, símbolos, fórmulas, táboas de cálculo, gráficos, hiperenlaces, marcadores, formularios, etc.
Writer é tamén un potente editor HTML tan fácil de usar como un documento de texto. Só con entrar no menú Ver e seleccionar "Deseño para internet" cambia o formato do cadro de texto, asemellándose a unha páxina web.
Con el tamén se poden facer etiquetas, así como cartóns de presentación facilmente. Tamén ten unha galería de imaxes, texturas e botóns. E un gran servizo de axuda.
Totalmente configurable, pódese modificar calquera opción de páxina, botóns, barras de ferramentas e outras opcións de linguaxe, autocorrección, ortografía, etc.

Manual básico de Open Ofice Writer-Descripción
Manual básico de Open Ofice Writer-Uso


2-Folla_de_calculo_OO.JPG2- CALC: FOLLA DE CÁLCULO DE OPENOFFICE Calc é unha folla de cálculo similar a Microsoft Excel, cun rango de características máis ou menos equivalente. O seu tamaño é moito menor e proporciona un número de características non presentes en Excel, incluíndo un sistema que automaticamente define series para representar graficamente, baseado na disposición dos datos do usuario. Calc tamén é capaz de exportar follas de cálculo como arquivos PDF, conta con filtros, auto filtros e pode facer agrupacións en táboas dinámicas. Calc pode abrir e gardar as follas de cálculo no formato de arquivos de Microsoft Excel.




3-Formula_deOO.JPG3- MATH: FÓRMULA DE OPENOFFICE

É un software utilizado para crear e editar fórmulas matemáticas, similar ao Editor de Ecuacións de Microsoft. As fórmulas creadas pódense exportar a outros documentos de OpenOffice, tales como os creados en Writer. Math soporta múltiples fontes e pode exportar a PDF



4-Presentacion_de_OO.JPG4- IMPRESS: PRESENTACIÓN DE OPENOFFICE

Para crear presentacións de diapositivas como as de Power Point.
Pode exportar presentacións como arquivos SWF de Adobe Flash, permitindo que sexan executados en cualquera computadora con Adobe Flash Player instalado. Tamén inclúe a capacidade de crear arquivos PDF.
Carece de deseños de presentación listos para usarse, pero en Internet pódense atopar plantillas con moita facilidade.
Póedese instalar a Open Clip Art Library (Biblioteca Aberta de Clip Art), que contén unha enorme galería de bandeiras, logos, iconos, estandartes e pancartas para presentaciónes xerais e proxectos de debuxo.

Manual de Impress, do IES Muñoz Torrero (Extremadura)


5-Base_de_datos_de_OO.JPG5- BASE DE DATOS DE OPENOFFICE

É comparable a Microsoft Access. Base integra a manipulación de bases de datos con OpenOffice. É posible crear e modificar táboas, formularios, consultas e informes, ben utilizando o sistema xestor de bases de datos HSQL que se inclúe con Base ou ben calquera outro. A aplicación proporciona diferentes asistentes, vistas de deseño, e vistas SQL para os usuarios principiantes e avanzados.
Blog-titorial de OpenOffice Base, creado por Álvaro E. Prieto Ramos



6-Winefish_LaTex.JPG6- WINEFISH LATEX EDITORlatex-wikipedia.JPG Winefish é un editor para usuarios experimentados en edición LaTeX.
A páxina oficial non conta con manual de uso.
Na seguinte páxina (en inglés) descríbense algunhas caracteríasticas desta aplicación:
Ligazón a Ubuntu Manuals
Manual completo de escritura en Latex
Ligazón á páxina oficial de Winefis


7-Adobe_reader_9.JPG7- ADOBE READER 9
A coñecida ferramenta multiplataforma de Adobe que permite visualizar documentos en formato pdf.