Selección_030.png
Gráficos2.jpg


Draw.jpeg 1-Draw: o editor gráfico de Open Office

OpenOffice.org Draw é unha aplicación moi fácil de usar e moi útil para realizar dende debuxos sinxelos ata deseños máis complicados; as súas ferramentas de debuxo tamén están dispoñibles en OpenOffice.org Impress para crear presentacións. Ligazón á páxina oficial de OpenOffice



GIMP.jpeg 2-GIMP: un completo editor de imaxes

GIMP (GNU Image Manipulation Program) é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos como fotografías. e converteuse nunha alternativa ao Photoshop libre e eficaz para gran número de usos.
GIMP le e escribe a maioría dos formatos de ficheiros gráficos, entre eles jpg, gif, png, pcx, tiff, e os de Photoshop, ademais de posuír o seu propio formato de almacenamento de ficheiros, xcf. Tamén é capaz de importar ficheiros en pdf.
Posúe varias ferramentas de selección (rectangular, esférica, lazo manual, varita máxica, por cor), tesoiras intelixentes, ferramentas de pintado como pincel, brocha, aerógrafo, recheo, texturas, etc. Posúe ferramentas de modificación de escala, de inclinación, de deformación, clonado en perspectiva ou brocha de curado (para corrixir pequenos defectos). Posúe tamén ferramentas de manipulación de texto e dispón tamén de moitos filtros para a manipulación das cores e o aspecto das imaxes, como enfoque e desenfoque, eliminación ou adición de manchas, sombras, mapeado de cores, etc.. Tamén posúe un menú cun catálogo de efectos e tratamentos das imaxes.
Ler máis...
Captura_GIMP.jpeg












GNUPaint.jpeg 3-GNU Paint: unha sinxela ferramenta de debuxo

Se podemos pensar en GIMP como o equivalente de Photoshop en GNU/Linux, Gpaint (GNU Paint) é o equivalente de Paint para Windows.
GNU Paint é un programa moi sinxelo, que nos permite pintar e debuxar de forma fácil.
Características:
  • Ferramentas de debuxo: óvalos, man alzada, polígono, texto, recheo de superficies e trazado a man alzada de polígonos.
  • Cortar e pegar seleccionando polígonos ou superficies irregulares.
  • Soporte de impresión que utiliza gnome-impresión
  • Interfaz moderno e fácil de usar, con ferramentas e paletas de colores.
  • Edición simultánea de imaxes múltiples.
Gráficos(003).jpeg


Shotwell_PhotoManager.jpeg 4-Shotwell: un administrador de fotos

Shotwell é un administrador de fotos que nos permite organizar, editar e compartir as nosas fotografías de maneira sinxela.
Shotwell conserva as fotografías orixinais, polo que podemos editalas sen medo a perder o arquivo orixinal. Ofrece unha opción para mellorar de maneira automática as fotografías e a posibilidade de organizar as fotos por tags (etiquetas) ou por eventos. Tamén nos permite publicar as nosas fotografías en servizos como Flickr, Picasa e Facebook de forma directa.
shotwell2.png
Ligazón á páxina oficial de Shotwell (en inglés)


Visor_de_imaxes.jpeg5-Visor de imaxes

Sinxela aplicación de GNOME que permite a visualización de arquivos de imaxe. As únicas modificacións que permite sobre as imaxes son voltear e rotar. Tamén permite definir a imaxe como fondo de escritorio.
abalar_logo.jpg_067.png