Menú-Ficheiros_e_cartafoles.png

Esta é a xanela que se nos ofrece dende o menú Ficheiros e cartafoles. Cando prescisemos abrir un cartafol ou ficheiro, accederemos usando este menú. Unicamente se poderá acceder dende aquí a algún dos cartafoles do sistema, que son os que se ven na imaxe superior. Tamén aparecerán nesta fiestra os dispositivos externos que teñamos conectados en cada momento, baixo o título "Volumes".
A forma de acceder a ficheiros ou outros cartafoles que non aparezan na pantalla da figura anterior, é a través do navegador "Nautilus" . Poderemos abrir esta aplicación accedendo a calquera outro cartafol dos que vemos na pantalla, por exemplo o "Escritorio", e a continuación localizar o ficheiro ou cartafol desexado.
Un comentario importante no que se refire ao escritorio:

Por norma xeral, tanto en Windows como nas versións que distribúe Ubuntu, o escritorio é a pantalla que aparece cando iniciamos o sistema. É por ese motivo polo que tendemos a relacionar o escritorio coa pantalla de inicio. Pero nesta adaptación do sistema operativo Ubuntu para os equipos portátiles e ultraportátiles das aulas Abalar, a pantalla de inicio funciona unicamente a modo de menú, e non ten ningunha das atribucións que teñen os escritorios anteriormente citados (non permite cambiar as propiedades de apariencia nin gardar nel cartafoles ou documentos). O cartafol "Escritorio" existe pero é independente do inicio. Mentres que ao Escritorio se accede dende a icona que se pode ver na imaxe seguinte, que se encontra no menú Ficheiros e Cartafoles, para voltar ao inicio debemos premer na icona situada na esquina esquerda do panel superior:
Inicio.PNG
Acceso a inicio
Acceso-a-escritorio.PNG

O sistema de arquivos de Ubuntu:


Nun computador almacénanse gran cantidade de datos e cada Sistema Operativo ten a súa forma de organizalos. Todo S.O. con orixe en GNU/Linux utiliza un sistema baseado en directorios (ou cartafoles) e arquivos (ou ficheiros) organizados en forma de árbore.
Os arquivos son de varias clases:
  • Executables: Executan unha aplicación ao pulsar sobre eles.
  • De datos. Conteñen calquera tipo de información: unha imaxe, un texto, unha páxina web...
  • Ligazóns. Crean un novo nome para un arquivo determinado. Unha vez creado a ligazón simbólica, este permite acceder ao arquivo que enlaza de igual modo que se se copiou o seu contido, coa vantaxe de que realmente non se copiou. É moi útil cando varios usuarios traballan sobre o mesmo arquivo, pois permite compartilo sen que todos teñan que copialo.


Teñen un nome e unha extensión separados por un punto e sempre teñen que estar dentro dun directorio. Por tanto os cartafoles son colectores de arquivos.
Existe un directorio raíz (/) do que penden todos os demais. Chámase root, pero non hai que confundilo co superusuario root, aínda que se use a mesma palabra para os dous conceptos. Dentro de cada directorio pode haber máis directorios e así organizar a información. Pódense chamar subdirectorios ou directorios fillo a estes directorios que están dentro doutro que se chamará directorio pai.

O camiño, path ou ruta dun ficheiro ou directorio é a secuencia de directorios que temos que percorrer para acceder a el. Están separados por /.
Todos os directorios conteñen dous directorios especiais: o directorio actual representado polo punto e o directorio pai representado por dous puntos.

COMPARATIVA ENTRE AS ESTRUTURAS DE DIRECTORIOS DE LINUX E WINDOWS:
Sistema-archivos.PNG

Para profundizar máis neste tema, pincha na seguinte ligazón.



O navegador Nautilus:

1.- O navegador de arquivos Nautilus.

Para as tarefas de manipulación de arquivos e cartafoles Ubuntu dispón dunha ferramenta que nos permite movernos pola árbore de directorios e manexar os arquivos. Esta ferramenta é Nautilus, o administrador de arquivos de GNOME.
Ábrese ao pulsar sobre calquera cartafol no panel lateral (á esquerda) e os elementos do cartafol no panel principal (á dereita).

alumno_-_Explorador_de_ficheiros_063.png

A xanela ten varias partes:
  1. A Barra de Título co nome do cartafol aberto e os botóns de minimizar, maximizar e pechar á dereita da barra. Na parte esquerda aparece un botonciño pequeno, é botón do menú do xestor con opcións como minimizar, maximizar, mover, redimensionar, deixar sempre enriba das demais xanelas e por ultimo pechar.
  2. Debaixo está a Barra de menús cos apartados Arquivo, Editar, Ver, Ir a, Marcadores e Axuda coas opcións de manipulación, navegación e personalización.
  3. Na Barra de Ferramentas están os botóns para as tarefas de navegación: Atrás, Adiante, Subir, Deter, Recargar, Cartafol persoal, Equipo e a continuación os botóns (+ e -) para ampliar/reducir o tamaño da vista. Seguindo á dereita un botón para cambiar a forma de ver os ficheiros para Ver como iconas ou Ver como lista e por ultimo, no extremo dereito a icona para buscar.
  4. A Barra de Localización. Mostra a ruta completa do directorio que estamos a ver ou a dirección de Internet na que estamos a navegar.O primeiro botón selecciona o modo da barra de localización entre texto e botóns.
  5. O Panel Lateral
  6. O Panel Principal onde aparecen os cartafol ou documentos do directorio actual, xa sexa como iconas ou como lista.
  7. Abaixo temos a Barra de estado.


No panel lateral aparece a información de Lugares (cartafol de usuario, sistema de arquivos, dispositivos USB ou CDs, particiones Windows...), pero podemos cambiar esta vista por Árbore, Información, Histórico...
O panel ocúltase pulsando sobre a aspa e volve facerse visible coa tecla F9 ou activando menú Ver > Panel

alumno_-_Explorador_de_ficheiros_058.png

2.- Menú contextual dun arquivo ou cartafol.

Pulsando co botón dereito sobre unha icona aparece un menú contextual que varía se a icona representa un lanzador, un arquivo, un cartafol...

alumno_-_Explorador_de_ficheiros_066.png
  • Abrir.
  • Abrir un novo separador: permite ter varios cartafoles abertos nunha mesma xanela .

alumno_-_Explorador_de_ficheiros_068.png
  • Abrir unha nova xanela.
  • Abrir con outro aplicativo.
  • Cortar.
  • Copiar.
  • Pegar dentro do cartafol se había algo previamente cortado ou copiado.
  • Crear ligazón: crea un acceso directo.
  • Renomear: Cambiar o nome.
  • Copiar a: Outro panel, Cartafol persoal ou Escritorio.
  • Mover a: Outro panel, Cartafol persoal ou Escritorio.
  • Mover ao lixo:.Pódese incluír a opción de borrar sen pasar polo lixo. Na barra de menús do Nautilus: menú Editar => Preferencias e na solapa Comportamento marcar a opción Incluír unha orde Eliminar que omita o Lixo.


Selección_070.png


NOTA: Nesta versión de Ubuntu creada para os ultraportátiles Abalar non existe o acceso directo ao cartafol Lixo dende a pantalla de inicio. Se queremos acceder a el debemos abrir o navegador Nautilus con calquera outro cartafol dende a xanela do menú "Ficheiros e cartafoles" e no panel lateral xa contamos cun acceso a este cartafol.
  • Enviar a... Para enviar a Discos removíbeis, por Bluetooth ou por correo electrónico, permitindo a opción de comprimir.

Enviar_a...._074.png

  • Opcións de compartición
Cartafol_compartido_075.png

  • Comprimir: Crea un arquivo comprimido coa extensión que elixamos nunha lista (.zip, .tar, etc)
  • Propiedades: Información básica do cartafol, Permite cambiar a icona, os permisos e a compartición do cartafol.

3.- Crear un novo cartafol. Renombrar arquivos ou cartafoles.

Para crear un cartafol:
  1. Pulsar co Botón dereito nun lugar baleiro do escritorio ou da xanela de Nautilus.
  2. Escoller Crear un cartafol do menú emerxente e o cartafol aparecerá no lugar elixido. Tamén na xanela de Nautilus Menú Ficheiro > Crear un cartafol.
  3. Escribir o nome do novo cartafol. Máis tarde tamén se pode facer coa opción Renomear.

Cambiar o nome dun arquivo ou cartafol:
  1. Pulsa co botón dereito do rato sobre o arquivo ou cartafol á que queiras cambiar o nome.
  2. Selecciona Renomear.
  3. Aparecerá o nome coloreado e podes cambialo.

4.- Crear, pór nome, gardar ou modificar ficheiros.

Calquera ficheiro de datos creado cun programa é un documento: pode ser un texto escrito cun procesador de textos, un debuxo creado cun programa de deseño, unha foto dixitalizada con scáner, un son tomado cun micrófono...

En case todos os programas créanse os documentos dunha forma parecida:
Comézase cun documento en branco (texto, debuxo, *etc) e para asignarlle nome, no menú Arquivo eliximos a opción Gardar como, que abre un cadro de diálogo no que nos moveremos pola árbore de directorios até elixir o lugar onde queremos gardalo.

Para pór nome lembremos que
  • Os nomes poden ter até 256 caracteres, pero son preferibles os curtos.
  • Distínguense maiúsculas e minúsculas
  • Pódese usar calquera carácter, excepto a barra (/), pero é mellor non usar os caracteres especiais. Mesmo un til e a "ñ" poden causar algún problema.
  • A parte final chámase extensión, vai detrás do último punto, adoita ter poucos caracteres (xeralmente 3) e serve para indicar que tipo de ficheiro é.
  • Os cartafoles non adoitan levar extensión


A opción Gardar como se diferencia de Renomear e de Gardar en que crea un arquivo novo con outro nome mentres se conserva o anterior co seu nome antigo. É moi útil para crear un arquivo novo a partir doutro existente. En cambio, Renomear dá un novo nome a un arquivo existente e Gardar garda as modificacións nun documento mantendo o mesmo nome.

Segundo se vai traballando débense gardar os cambios cada certo tempo desde o menú Arquivo => Gardar. Así o programa almacena a versión actualizada e devolve o control para seguir traballando.

Modificar un documento.

Se desexamos facer algún cambio nun documento xa creado e por tanto gardado no disco duro ou nun pendrive..., facendo un clic (ou dous nalgún casos) o sistema abrirao no programa que o creou, aínda que podemos elixir outro no cadro de diálogo Abrir con do menú emerxente pulsando co botón dereito.
Unha vez feitas as modificacións, Arquivo > Gardar


Se saímos dunha aplicación sen gardar os cambios no documento, é habitual que apareza un cadro de diálogo preguntando se queremos gardar os cambios. Podemos elixir Si (ou gardar ou algo parecido) e gárdanse os cambios e sáese do programa, Non (ou rexeitar ou algo parecido) e non se gardan os cambios, pero sáese do programa) ou Cancelar e nin se gardan os cambios, nin se sae do programa.

5.- Copiar, mover e borrar arquivos.

A forma de copiar, mover e borrar arquivos varía ás veces segundo a xanela de Nautilus estea en modo Ver como iconas ou en modo Ver como lista.

1. Copiar. É facer unha copia noutra xanela deixando o arquivo orixinal onde estaba.

  • Coa tecla Control pulsada arrastrar co botón esquerdo e soltalo na xanela de destino.
  • Pulsar co botón dereito sobre a icona e no menú emerxente > Copiar. Despois no directorio de destino: botón dereito > Pegar.
  • Desde a barra de menús. Editar > Copiar e logo no destino Editar > Pegar.

2. Mover. É trasladar un arquivo dun sitio a outro quitándoo do cartafol de orixe.

  • Arrastrar co botón esquerdo pulsado e soltar no directorio de destino.
  • Pulsar co botón dereito sobre a icona e no menú emerxente > Cortar. Despois no directorio de destino: Botón dereito > Pegar.
  • Desde a barra de menús. Editar > Cortar e logo no destino Editar > Pegar.

3. Borrar. Nautilus pode configurarse para eliminar os arquivos directamente, pero é preferible movelos ao Lixo porque desde aquí aínda se poden recuperar e aínda que non existe unha opción equivalente a Restaurar é fácil Mover calquera documento eliminado desde o Lixo ao seu directorio de orixe.
  • Arrastrar a icona desde a xanela ao Lixo da barra lateral.
  • Pulsar co botón dereito sobre a icona e no menú emerxente > Mover ao lixo.
  • Desde a barra de menús da xanela do navegador de arquivos: Editar > Mover á papeleira.

6.- Selección de arquivos.

Cando queremos copiar, cortar, mover ou borrar varios arquivos podemos seleccionalos en grupo e despois manexalos todos á vez.

  • Dende a barra de menús. Editar > Seleccionar todos os arquivos. Selecciona todos os arquivos do directorio no que traballamos.
  • Se os arquivos son contiguos podemos encerralos nun rectángulo que se fai ao arrastrar o rato co botón esquerdo pulsado. O rectángulo de selección cambia de cor e xa podemos mover, copiar ou borrar o seu contido.
  • Coa tecla de maiúsculas presionada pulsamos o primeiro e o último dos arquivos que queremos seleccionar. Se colorearán os que están entre ambos.
  • Se os obxectos non son contiguos, coa tecla Control pulsada selecciónanse un a un, aínda que non estean seguidos.

7.- Traballo con xanelas.

Do mesmo xeito que en WINDOWS, en Ubuntu xestiónase todo o traballo a través de xanelas. Unha xanela non é máis que un recadro no que se executa un programa, aparece o contido dun arquivo, visualizamos unha imaxe, etc...
Partes das xanelas:

  • Barra de título. Adoita conter o nome do programa ou do arquivo que se estea manexando. Arrastrando esta barra polo escritorio co botón esquerdo pulsado, móvese toda a xanela. Á dereita hai tres botóns.

O primeiro minimiza (a xanela aparece minimizada no panel sen que se perda o que contiña). Para recuperala púlsase sobre a icona que a representa na parte dereita do panel superior.
O segundo maximiza. A xanela pasa a ocupar toda a pantalla se non a ocupaba, ou ben se fai máis pequena se se atopaba maximizada (restáurase o seu tamaño inicial).
O terceiro pecha a xanela. Se é un programa tamén se pecha.

  • Barra de menús: que varía dependendo do aplicativo ao que corresponda a xanela.

  • Bordes e esquinas. Pódese cambiar o tamaño dunha xanela colocando o punteiro do rato sobre calquera dos bordos ou esquinas da mesma, e cando apareza unha frecha arrástrase, mantendo pulsado o botón esquerdo do rato, até conseguir o tamaño desexado.