Selección_032.png
menu-ciencia_2.jpg


Avogadro.PNG
1-AVOGADRO: Deseños moleculares tridimensionais


Avogadro é unha aplicación multiplataforma, caracterizada por ser de código aberto, que permite realizar deseños moleculares tridimensionais.
Cada deseño pódese observar desde calquera tipo de ángulo e utilizando moitas disposicións.
Ademais cunha etiqueta poderás inserir o nome a cada molécula ou simbolos dos elementos que a compoñen.

Ligazón á web oficial (con titoriais en inglés)

avogadro2.png
avogadro3.png Avogadro4.jpg

Gperiodic.PNG
2-GPERIODIC: a táboa periódica dos elementos químicos.


Poderás consultar datos útiles acerca destes, tales como: peso molecular, radio atómico, radio covalente, radio iónico, volume atómico, calor específica, temperatura de fusión, temperatura de evaporación, condutividade térmica, primeiro nivel de ionización, estados de oxidación, configuración electrónica, etc .
Até 118 elementos veñen incluídos na aplicación.
Ligazón á páxina oficial de GPeriodic

gperiodic-es.jpeg
gperiodic-1.png
Ao pasar o cursor polas celas mostra só o nome, o número atómico e o peso atómico de cada elemento, pero pulsando sobre un elemento a información é moi completa. Por exemplo, facendo clic sobre B:
gperiodic-2.png

Kalzium.PNG
3-KALZIUM: outra aplicación coa táboa periódica dos elementos.

Kalzium é un programa que mostra a táboa periódica dos elementos. Podes utilizar Kalzium para buscar información sobre os elementos.
Contén información sobre 111 elementos químicos, incluíndo masa, carga, imaxe, información sobre o descubrimento, datos químicos e enerxéticos (como electronegatividade e radio atómico), e un modelo do átomo.
A táboa pode ser configurada para amosar numeración, estados de materia, e codificación de cor de varias maneiras. Ademais, hai dispoñible un índice de data, permitindo que se amosen só os elementos descubertos até un ano definido.

Ligazón a un manual de Kalzium en español

Ligazón á páxina oficial de Kalzium

kalzium2.png

Stellarium.PNG
4- STELLARIUM: planetarium para o voso computador.


Ligazón a manual online
Ligazón á páxina oficial

0.10-planets.jpg
0.10-constellations.jpg
constellation-art-on.jpg