Selección_017.png
menu-accesorios_2.png


1Captura.JPG 1- ADMINISTRADOR DE TRABALLOS DE IMPRESIÓN


Este accesorio, como o seu nome indica, permite seguir o estado da cola de impresión. Esta é a apariencia da xanela principal desta aplicación, e a continuación unha captura das funcións do menú "Traballo".
Estado_de_impresión_do_documento_(meus_traballos)_001.pngMenú_005.png


2Captura.JPG 2- BUSCAR FICHEIROS...


As seguintes capturas da pantalla de búsqueda amosan as opcións que ofrece o buscador de ficheiros para localizar un determinado arquivo ou cartafol:Accesorios-Buscar_ficheiros2.pngAccesorios-Buscar_ficheiros3.png


3Captura.JPG 3- CALCULADORA


A calculadora admite varios modos de operación, que se poden apreciar nas seguintas diapositivas:





4Captura.JPG 4- FACER UNHA CAPTURA DE PANTALLA


No menú Accesorios atopamos dúas aplicacións para facer capturas de pantalla. Este capturador é máis sinxelo ca o Shutter (que se describe no apartado 9 desta mesma páxina). Permite facer as tomas nos modos que se presentan na segunte imaxe:

Accesorios-Facer_captura_de_pantalla.png


5Captura.JPG 5- EDITOR DE TEXTO "GEDIT"


O editor de textos Gedit é unha aplicación potente tanto para a edición de documentos de texto como para edición de código para programadores. Un dos seus puntos fortes é que poden engadirse plugins e complementos para personalizar as capacidades do software.
Vén de serie con varios temas visuais enfocados en diferentes resaltados de sintaxes e cor de fondo, numeración de liñas, unha boa ferramenta de procura e substitución, autogardado de documentos, inserción automática de peches de etiquetas, modo de edición en pantalla completa...

No caso de querer abrir varios ficheiros á vez, non só os ordena nas pestanas senón que tamén pode activarse a vista de todos eles na columna lateral. E se un ficheiro é modificado fóra de gedit mentres estaba aberto, inmediatamente mostra un aviso para decidir que facer.

Ademais Gedit conta cunha colección de plugins que poden activarse e configurarse dende a pestana Editar -> Preferencias -> Complementos. Ver máis
Ligazón á web oficial





6Captura.JPG6-MAPA DE CARACTERES


Esta ferramenta permite inserir caracteres especiais e símbolos que non podemos atopar no teclado. Funciona do seguinte xeito:Se pinchamos co rato nun dos caracteres da táboa, inmediatamente queda escrito na xanela que hai na parte inferior, como se pode apreciar na imaxe. Podemos consultar os detalles do carácter na pestana da dereita. Premendo no botón "Copiar", todos os símbolos que estiveran escritos nesa xanela inferior quedarán inseridos no documento no que estiveramos a escribir.
Accesorios-Mapa_de_caracteres2.png


7Captura.JPG 7- MYSCRIPT STYLUS


Accesorio de escritura alternativo ao teclado, moi útil sobre todo cando se traballa en modo tablet. Conta con tres alternativas de escritura que reflicten as seguintes capturas.

Accesorios-MyScript1.pngAccesorios-MyScript2.png
Accesorios-Myscript3.png
Para aprender o manexo do MyScript pódense consultar ou descargar os seguintes documentos:

Nota: No menú Sistema existen outras alternativas de teclado de pantalla. Ver


8Captura.JPG 8- NOTAS DE TOMBOY


Tomboy é unha aplicación simple para tomar notas no escritorio, con moitas características deseñadas para axudar a organizar ideas, tales como a corrección ortográfica, o resaltado, autoenlazado de URL, listas, estilos de tipografías, acceso rápido á táboa de contidos das notas e complementos para estender as capacidades de Tomboy... Simplemente debemos seleccionar un texto, facer click en crear nota e automaticamente crearemos unha nota con ese título, ademais de crear unha ligazón desde a vella até a nova. Doutra banda, ao escribir, se coincide algunha palabra co título doutras notas, crearanse sobre a marcha enlaces a esas notas.

Ligazón á web oficial de Tomboy




9Captura.JPG9- SHUTTER


Shutter é un capturador de pantalla máis potente ca o que GNOME trae por defecto, descrito no anterior apartado 4.
Ligazón á páxina oficial

No seguinte documento pódense encontrar todas as opcións que ofrece esta aplicación:



Nesta presentación pódense ver exemplos de capturas tomadas con Shutter coas diferentes opcións que ofrece (Escritorio, fiestra, menú, área seleccionada...)



10Captura.JPG 10- TERMINAL

Linux utiliza unha ferramenta chamada consola de comandos ou Terminal dende a cal se poden executar unha serie de sentenzas para acceder a determinados lugares do sistema, realizar certas tarefas ou simplemente visualizar reportes importantes. O terminal é o equivalente á consola de Windows. O seu uso é cada vez menos necesario, posto que as últimas versións van mellorando cada vez máis a comunicación do ususario co sistema operativo a través de xanelas e usando o rato. Pero aínda hai certas operacións que só son posibles a través do Terminal.

Para coñecer algúns comandos do terminal ou saber algo máis deste tema, pincha na seguinte ligazón.

Selección_001.png